La Asociación » ESTATUTOS
» ACTA FUNDACIONAL
ESTATUTOS ASOCIACIÓN «A FIETIÑA»
CAPÍTULO I
Art. 1. DENOMINACIÓN
Coa denominación de “Asociación de Palilleiras A FIEITIÑA” de Pontevedra, constitúese unha asociación ó amparo da Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo e das normas complementarias que lle sexan de aplicación, con plena capacidade de obrar e sen ánimo de lucro.
Art. 2. OBXECTO
A Asociación ten por obxecto agrupar a persoas físicas ou xurídicas, para defender conxuntamente os seus intereses no relativo á promoción e difusión do sector de los Encaixes de Bolillos e no relativo á mellora da calidade ligado a dito sector.
Art. 3. PERSONALIDADE E NATUREZA
A Asociación rexerase polos presentes Estatutos e polos regulamentos de réxime interno que no seu caso se aproben, sen prexuízo do establecido nas normas legais que lle foran de aplicación.
A Asociación ten plena personalidade xurídica, capacidade de obrar e total autonomía para o cumprimento dos seus fins, podendo posuír, adquirir, gravar e allear bens e dereitos de tódalas clases, comparecer ante calquera autoridade, organismo ou xurisdición, así como exercitar toda clase de accións e de dereitos para a defensa dos seus intereses.
Art. 4. ÁMBITO E DURACIÓN
A Asociación terá como ámbito territorial de actuación os Concellos da Provincia de Pontevedra.
A Asociación constitúese por tempo indefinido, podendo disolverse polas causas e coas formalidades previstas nos presentes Estatutos e nas disposicións legais de aplicación.
Art. 5. DOMICILIO
O seu domicilio social será o seguinte: Rúa Grecia, 8-4º B (Monte Porreiro) 36162 Pontevedra. A asemblea xeral extraordinaria, por maioría dos 2/3 do total dos votos presentes poderá establecer unha nova sede social da Asociación.
Art. 6. PARTICIPACIÓN EN OUTRAS ORGANIZACIÓNS
A Asociación, poderá integrarse ou participar en outro tipo de organizacións de calquera ámbito, do mesmo ou similares fins.
CAPÍTULO II. FINS
Art. 7. FINS
Os fins da Asociación son:
1.- A defensa dos dereitos e intereses dos asociados.
2.- A posta en marcha dun modelo de desenvolvemento endóxeno, sostible e participativo do encaixe de bolillos ligado ó ámbito de actuación.
3.- Promover iniciativas integrais de promoción e difusión do encaixe de bolillos ligado á zona de actuación.
4.- Mellorar a calidade dos servizos ofertados na zona de actuación.
5.- Promover instrumentos de interlocución e colaboración entre a Asociación e a Administración.
6.- Representar ós socios naqueles asuntos que se acorden.
7.- Coordinar e distribuír todo tipo de información que poida ser de interese para os socios.
8.- Promover iniciativas de capacitación, formación e asesoramento dos seus asociados en temas relacionados co encaixe de bolillos ou en calquera outro que se estime de interese para os seus asociados.
9.- Promover e participar en campañas de sensibilización e promoción en todo o relacionado co obxecto e fins desta asociación.
10.- Promover e participar en iniciativas relacionadas coa recuperación do patrimonio histórico, cultural e etnográfico.
CAPÍTULO III. DOS SOCIOS
Art. 8. TIPOLOXÍA E PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DOS SOCIOS
Tipos de socios:
- SOCIOS FUNDADORES: Aquelas persoas que subscribiron a acta fundacional.
- SOCIOS ORDINARIOS: Poden solicitar o seu ingreso como socios ordinarios calquera persoas físicas ou xurídicas.
- SOCIOS HONORARIOS: Aquelas persoas que a xuízo da Asemblea Xeral, axuden de xeito notable ó desenvolvemento dos fins da asociación.
- SOCIOS INFANTÍS: Aquelas persoas menores de 18 anos que participen na asociación, que estarían integradas na sección infantil, no seu caso.
DELEGACIÓN DA REPRESENTACIÓN:
O representante dun determinado socio poderá delegar a súa representación noutra persoa física. Esta representación sendo válida autorizará a representación a efectos da Asemblea Xeral. Dita autorización debe vir asinada polo socio que autoriza a representación formal.
PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN:
Aqueles interesados en ser admitidos como socios, deberán facelo por escrito dirixíndose ó Presidente da Asociación.
As solicitudes serán presentadas polo Secretario na primeira reunión que se celebre da Xunta Directiva con posterioridade á súa recepción, debendo obter para a súa aprobación o voto favorable dos 2/3 dos membros da Xunta Directiva da Asociación. A admisión ou denegación deberá ser ratificada na primeira Asemblea Xeral que se celebre, despois da solicitude.
Tras a comunicación formal ó novo socio da súa admisión como tal, este deberá axuntar a seguinte documentación á Asociación co fin de abri-lo correspondente expediente do socio en cuestión:
- Fotocopia compulsada do C.I.F. do asociado no caso de que o mesmo teña forma xurídica.
- Fotocopia compulsada do N.I.F. do asociado no caso de que o mesmo non teña forma xurídica.
- Ficha descritiva dos principais datos identificativos do asociado.
A Asociación levará un Rexistro de socios, no que figurarán tódolos membros e no que se anotarán as altas e baixas. Os socios ordinarios e colaboradores figuraran en rexistros independentes.
Art. 9. OUTROS SOCIOS
A Xunta Directiva poderá propoñer a Asemblea Xeral, a creación de outro tipo de socios, coas condicións que estime oportuno dentro das limitacións previstas nos Estatutos.
Art. 10. DEREITOS DOS SOCIOS
DEREITOS DOS SOCIOS ORDINARIOS:
Os socios ordinarios da Asociación teñen os seguintes dereitos:
- Elixir e ser elixidos libremente para postos de representación e ostentar cargos directivos. Para que os membros da Asociación poidan utilizar este dereito será preciso estar o corrente no pago das súas respectivas cotas. Para ser elixido deberá ter unha antigüidade de tres meses como socio da asociación.
- Informar e ser informados oportunamente das actuacións da Asociación e das cuestións que lles afecten.
- Intervir conforme as normas estatutarias na xestión económica e administrativa da Asociación, así como nos servizos, obras ou institucións que a mesma manteña ou nas que participe.
- Examina-los libros de contabilidade e actas, así como censurar, mediante a oportuna moción para a Asemblea Xeral, a labor de esta ou de calquera membro e órgano colexiado que actúe en nome da Asociación.
- Utilizar os diferentes servizos da Asociación.
- Os socios ordinarios terán dereito a un voto por socio.
- Adscribirse ou separarse libremente da Asociación nos termos previstos nos presentes Estatutos.Dereito de información. Para isto os socios deberán dirixirse por escrito ó Presidente quen dará as instrucións para que no prazo de 30 días se facilite a información solicitada, establecendo os termos de acceso ós libros e demais documentos, que reflictan a contabilidade e a situación económica e financeira ou social da Asociación.
DEREITOS DOS SOCIOS HONORARIOS:
Os socios Honorarios teñen os mesmos dereitos que os socios ordinarios coa excepción do:
- Dereito de elixir e ser elixidos.
- Dereito de voto.
Art. 11. DEBERES DOS SOCIOS
Serán deberes dos socios, os seguintes:
- Adecuar a súa actuación as disposicións legais vixentes, así como as normas estatutarias e regulamentos da Asociación.
- Cumprir os acordos validamente adoptados.
- Respectar a libre manifestación de pareceres e non entorpecer directa ou indirectamente as actividades da Asociación.
- Facilitar información veraz e responsable sobre as cuestións que afecten á Asociación.
- Satisfacer as cotas xerais e específicas que estableza a Asemblea Xeral e contribuír para o sostén económico da Asociación.
- Todos os socios teñen o deber de asistir ás reunións dos diferentes órganos sociais da asociación onde participen, salvo causa xustificada, cando fosen convocados segundo o previsto nestes Estatutos.
Art. 12. SUPOSTOS DE PERDA DA CALIDADE DE SOCIO
Os socios poderán desvincularse da Asociación polos motivos seguintes:
- Baixa voluntaria.
- Cese. A perda da calidade de socio, supón a perda dos dereitos que lle puideran corresponder sobre o patrimonio e o capital da Asociación.
1º. Baixa voluntaria
Os asociados poderán solicitar en calquera momento a baixa voluntaria da Asociación, debendo a este efecto dirixir un escrito en tal sentido ó Presidente da Xunta Directiva cun prazo de un mes de antelación ó momento en que pretenda facerse efectiva e poñerse ó corrente das obrigas económicas.
A Xunta Directiva, trala comunicación ó Presidente da vontade do asociado de darse de baixa, resolverá a petición sempre que se cumpra o prazo de aviso previo mencionado no apartado anterior e que o solicitante se atopase o corrente de todas as obrigas coa Asociación.
2º. Cese
Os socios deberán cesar da súa condición de socios cando non reúnan as condicións e requisitos necesarios para ser membros da Asociación, ou por calquera das causas que se establezan nos presentes Estatutos ou no Regulamento de Réxime Interno. O cese esixirá resolución en tal sentido da Xunta Directiva, que deberá ser motivada e adoptada por maioría de 2/3 dos seus membros, tras dar ó asociado o oportuno trámite de audiencia.
Art. 13. RECURSOS
Contra os acordos de cese poderá o asociado presentar recurso diante da Asemblea Xeral, que será reunida en sesión extraordinaria ou ordinaria con inclusión de dito punto a debate e votación secreta no seu orden do día, permitíndose participación, voz e voto ó promotor do recurso. O cese será efectivo dende o momento mesmo do reconto de votos, necesitando que sexa decidido por maioría de 2/3.
Art. 14. INFRACCIÓNS
Con independencia do previsto como causa de baixa, poderán ser sancionadas as seguintes actuacións:
- Danar os intereses da Asociación.
- A inexactitude na información ou documentos que formulen os socios.
- A demora no cumprimento das obrigas.
- O retraso de tres meses de pagamento de unha cota facultará á Xunta Directiva para suspender, previo requirimento de regularización, ó asociado moroso hasta que se poña ao corrente das súas obrigas de pago.
Art. 15. RÉXIME DE SANCIÓNS
A determinación das faltas e a súa gravidade, as sancións e o procedemento a seguir estará recollido no Regulamento de Réxime Interno aprobado en Asemblea Xeral.
CAPÍTULO IV. ÓRGANOS DE GOBERNO
Art. 16. DA ASEMBLEA XERAL
A Asemblea Xeral é o órgano superior da Asociación e estará integrada por todos os socios da Asociación.
A Asemblea Xeral poderá constituírse en sesión ordinaria ou extraordinaria. Constituirase ordinariamente como mínimo unha vez ó ano, na data que decida a Xunta Directiva, sendo convocada polo Presidente. Esta convocatoria, coa orde do día, realizarase coa antelación mínima de quince días á data de celebración.
A Asemblea Xeral constituirase en sesión extraordinaria cando se convoque con tal carácter pola Xunta Directiva, ou cando o solicite un 25% dos socios con dereito a voto; neste último caso, será convocada no prazo máximo de un mes dende a recepción da solicitude. Na convocatoria, que se realizará con un prazo mínimo de quince días antes da súa celebración, especificarase a orde do día e o motivo da súa celebración. Os documentos, que estime oportuno a Xunta Directiva, relevantes para a súa discusión e/ou aprobación deben ser enviados xunto coa convocatoria da propia Asemblea Xeral.
A notificación farase nos locais da Asociación para as asembleas ordinarias e nos domicilios dos asociados para as asembleas extraordinarias.
Art. 17. DOS REQUIRIMENTOS DE CONSTITUCIÓN DA ASEMBLEA
A Asemblea Xeral quedará validamente constituída cando na súa primeira convocatoria coincidan alúmenos un número de asociados que representen a metade máis un dos dereitos de voto e, en segunda convocatoria, que haberá de convocarse con media hora de diferenza da primeira, bastará a presenza dun número de membros que asistan dos dereitos de voto.
A Asemblea Xeral será dirixida polo Presidente. Na súa ausencia será substituído polo Vicepresidente.
Art. 18. DAS FACULTADES
A Asemblea Xeral terá como facultades de aprobación, tódalas de goberno da Asociación, e expresamente a autorización dos actos e documentos seguintes:
- Os regulamentos e propostas de modificación de Estatutos.
- A Memoria Anual que presente a Xunta Directiva.
- Dar contas do exercicio anterior e orzamentos para o seguinte.
- As cotas que deban satisfacer os membros.
- A elección da Xunta Directiva, segundo as normas contempladas no capitulo IV do procedemento electoral.
- Calquera outro que estea atribuído a outro órgano da Asociación ou que se considere por maioría simple dos votos que debe ser asumido por algún dos órganos delegados.
Art. 19. DA ADOPCIÓN DE ACORDOS POLA ASEMBLEA
Os acordos da Asemblea Xeral adoptaranse por maioría simple dos votos presentes, salvo os supostos para os que os presentes Estatutos establezan outras maiorías.
Art. 20. DOS DEREITOS E PROCEDEMENTOS DE VOTO
Na Asemblea Xeral distribuirase o dereito de voto con arranxo os seguintes criterios:
- Previa solicitude de calquera membro da Asemblea Xeral as votacións que se realicen nas mesmas faranse polo procedemento que garanta o secreto de voto dos asociados.
- Non poderá ser sometida a votación ningunha decisión que non figure expresamente na orde do día, salvo que estean presentes alúmenos os 2/3 dos asociados e sexa ademais admitida a votación co consenso de tódolos asociados asistentes.
Art. 21. DA XUNTA DIRECTIVA. ELECCIÓN E CONFORMACIÓN
A Asociación estará rexida por unha Xunta Directiva, elixida pola Asemblea Xeral, que estará composta de:
- Presidente.
- Vicepresidente.
- Secretario.
- Tesoureiro.
- Un Vocal.
A Xunta Directiva reunirase, como mínimo e en función das necesidades da Asociación, unha vez cada trimestre en sesión ordinaria, e en sesión extraordinaria por convocatoria do Presidente, ou porque así o soliciten o 25% dos seus membros.
A duración dos cargos será de 3 anos, podendo ser reelixidos.
Os membros da Xunta Directiva non percibirán ningunha remuneración polo desempeño do seu cargo.
Art. 22. DAS FUNCIÓNS DA XUNTA DIRECTIVA
As Funcións da Xunta Directiva, por delegación da Asemblea Xeral, son as seguintes:
- Dirixir as actividades da Asociación.
- Propoñer á Asemblea Xeral os programas de actuación e realizar os xa aprobados, dando conta a aquela do seu cumprimento.
- Defender de forma axeitada e eficaz os intereses comúns e velar polo cumprimento dos acordos.
- Propoñer á Asemblea Xeral, o establecemento e a contía das cotas específicas que teñan que satisfacer os membros para o sostemento económico da Asociación.
- Presentar os orzamentos, liquidacións e balances para a súa aprobación pola Asemblea Xeral.
- Velar polo normal funcionamento de tódolos servicios.
- As que lle poidan ser delegadas pola Asemblea Xeral.
Art. 23. DO PRESIDENTE
O Presidente da Asociación, tamén o será de tódolos seus órganos de goberno, as funcións encomendadas ó Presidente, por delegación da Asemblea Xeral, son as seguintes:
- Convocar, presidir e dirixir as sesións e debates da Asemblea Xeral e da Xunta Directiva, podendo delegar estas funcións no Vicepresidente en caso de ausencia, enfermidade ou imposibilidade.
- Visar coa súa firma as Actas das sesións dos órganos de goberno da Asociación así como as certificacións e os acordos adoptados, velando pola súa execución e correcto cumprimento.
- Comparecer, en nome e representación da Asociación ante calquera tipo de institución, corporación, organismo, autoridade e entidade pública e privada, e ante calquera tipo de Xulgado e Tribunal, de persoas naturais e xurídicas, nacionais e estranxeiras, coa finalidade de actuar en defensa e na promoción dos intereses e dereitos lexítimos da Asociación e na consecución dos fins que lle son propios.
- Examina-los gastos e autorizar os pagos, así como os xustificantes de ingreso.
- Cumprir e facer cumprir as normas estatutarias da Asociación.
- Render contas da actuación da Xunta Directiva ante a Asemblea Xeral.
- Convocar a elección dos membros da Xunta Directiva.
- Calquera outro que a Asemblea Xeral considere delegar no seu cargo.
Art. 24. DO VICEPRESIDENTE
O Vicepresidente asistirá ó Presidente no exercicio das súas funcións, e no caso de ausencia, substituirao. No defecto do mesmo, exercerá de Presidente, o membro da Xunta Directiva presente de máis idade.
Art. 25. DO SECRETARIO
A Xunta Directiva contará cun Secretario que, actuará como tal tamén en tódolos órganos de goberno da Asociación. Corresponderanlle as seguintes funcións:
- Convocar, por orde do Presidente, as reunións dos órganos de goberno, levantando Acta das que se celebren e certificando os seus acordos.
- Representar á Asociación xunto co Presidente, naqueles asuntos que acorde a Xunta Directiva.
- Custodiar as Actas dos órganos de goberno e os libros de socios.
- Informar obrigatoriamente ó Presidente, á Asemblea Xeral e á Xunta Directiva acerca da asistencia suficiente de membros que regulamentariamente os constitúen.
- Cantas outras funcións lle sexan propias da súa condición ou lle sexan asignadas expresamente pola Xunta Directiva.
Art. 26. DO TESOUREIRO
A Xunta Directiva contará cun Tesoureiro que coidará da recadación e custodia dos fondos da Asociación, na forma en que a Asemblea Xeral determine e a Xunta Directiva administre.
Ten competencia para executar as xestións, acordadas pola Xunta Directiva, ante as entidades de crédito nas que se depositen os fondos da Asociación, ordenar a apertura e o peche das contas e depósitos e aceptar as condicións dunhas e outros, previo acordo da Xunta Directiva.
As contas nas que se depositen os fondos da Asociación terán carácter mancomunado, para a súa disposición requirirase a firma de dous dos tres membros da Xunta Directiva que van figurar como autorizados en ditas contas: Presidente, Tesoureiro e Secretario.
Art. 27. DOS VOCAIS
A Xunta Directiva contará cun único Vocal. Entre as súas funcións estarán as que lle encomende a Xunta Directiva.
Art. 28. DOS OUTROS ÓRGANOS DA ASOCIACIÓN
Previo acordo da Xunta Directiva adoptado por maioría de 2/3, o Presidente poderá contratar ás asistencias técnicas ou ó persoal de servizos que se estime necesario e oportuno. Dito acordo será informado na primeira Asemblea Xeral que se celebre.
A Xunta Directiva, por maioría de 2/3, poderá acordar a constitución dun Comité Executivo ou Comisións de Traballo para o mellor desenvolvemento da súa misión. A súa estrutura e facultades serán determinadas pola Xunta Directiva.
CAPITULO V. DO PROCEDEMENTO ELECTORAL
Para a elección da Xunta directiva a Asociación seguirá o seguinte procedemento:
Art. 29. ELECCIÓN DA PRIMEIRA XUNTA DIRECTIVA
Para a elección da primeira Xunta Directiva da Asociación terá que convocarse pola Xunta Directiva Provisional, derivada do Acto Fundacional da Asociación, unha Asemblea Xeral a tal efecto, con 15 días de antelación. A Mesa Electoral estará formada por un presidente e un secretario, sendo esta elixida entre os membros da Asemblea, e en ningún caso poderán formar parte dela socios que figuren nas diferentes candidaturas á Xunta Directiva.
As candidaturas, que terán que especificar os cargos que van exercer na futura Xunta Directiva, formalizaranse media hora antes da Asemblea diante da presidencia da mesa electoral.
Para facilitar os contactos entre os socios as persoas interesadas en presentar unha candidatura, poderán solicitar, a través dun escrito dirixido ó presidente da Xunta Xestora, un listado do censo electoral, onde se deberá recoller o nome, enderezo e número de teléfono de cada socio.
Art. 30. ELECCIÓN DE POSTERIORES XUNTAS DIRECTIVAS
Para posteriores eleccións, a Xunta Directiva da Asociación, nunha reunión Extraordinaria, tomará os seguintes acordos relacionados co proceso electoral.
O Presidente saínte convocará á Asemblea Xeral co fin de:
- Convocar eleccións para designar á Xunta Directiva da Asociación.
- Sinalar data, lugar e hora da celebración das mesmas.
- Aprobación do calendario electoral.
- Aprobación do censo electoral.
A Asemblea Xeral para a celebración das eleccións será convocada con 15 días de antelación a súa celebración.
O prazo de presentación de candidaturas, que deberá figurar no calendario electoral, será de 10 días naturais anteriores a data de celebración das eleccións.
As candidaturas terán que especificar os cargos que van exercer na futura Xunta Directiva: Presidente, Vicepresidente, Secretario, Tesoureiro e Vocais.
Para facilitar os contactos entre os socios, as persoas interesadas en presentar unha candidatura, poderán solicitar nun escrito dirixido ó Presidente, un listado do censo electoral onde se deberá recoller o nome, enderezo e número de teléfono de cada socio.
Unha vez finalizado o prazo para a presentación de candidaturas, co fin de que prevaleza o principio de igualdade de oportunidades e garantir a transparencia do proceso, a Xunta Directiva saínte, que se converte en Xunta Directiva en funcións, tomará os seguintes acordos:
- Elixirá a Mesa Electoral de entre os socios que non formen parte de ningunha candidatura. A Mesa Electoral estará formada por un Presidente, un Secretario e tres Vocais cos seus respectivos suplentes.
- Elaborará as papeletas de todas as candidaturas concorrentes, entregándollas ó Presidente da Mesa Electoral. As papeletas de cada candidatura deberan ser iguais no color, forma e número.
A candidatura gañadora será aquela que acade maior numero de votos. No caso de que houbese empate entre varias candidaturas, procederase a unha nova votación.
Calquera incidente ou recurso que se presente perante o desenvolvemento da Asemblea, reflectírase na Acta feita a tal efecto polo Secretario da Mesa Electoral e resolverase na Asemblea que se celebrará o remate do escrutinio dos votos, procedendo esta a resolver sobre dos mesmos.
Unha vez resoltos tódolos casos propostos na Asemblea procederase a ratificación dos nomeamentos elixidos quedando constituída a nova Xunta Directiva.
CAPITULO VI. RÉXIME ECONÓMICO
Art. 31. PATRIMONIO E RECURSOS
O patrimonio da Asociación no momento de inicia-las súas actividades dispón dun patrimonio de 80,00 € na conta aberta de Caixa Galicia co número 2091/0530/31/3040012191.
O peche do exercicio económico coincidirá co do ano natural.
Os recursos económicos da Asociación procederán de:
- As cotas periódicas dos asociados
- As achegas extraordinarias que propoña a Xunta Directiva e sexan aprobadas pola asemblea.
- As doazóns, subvencións, e achegas que poidan conceder órganos públicos, entidades privadas ou particulares.
- Os ingresos que se poidan recibir polo desenvolvemento das actividades da asociación.
- Calquera outro ingreso admitido pola normativa vixente para actividades non lucrativas.
Art. 32. REGULACIÓN DAS COTAS
Fíxanse as seguintes cotas mínimas anuais:
- Socios Ordinarios: 10,00 €/ano.
- Socios Honorarios (sen cota).
- Socios infantís (sen cota).
Ditas cotas mínimas anuais pódense incrementar na medida do necesario e atendendo ás necesidades de financiación da Asociación. Anualmente a Asemblea Xeral por maioría de 2/3 do total dos votos presentes fixará o importe das cotas anuais.
Art. 33. RESPONSABILIDADE DA ASOCIACIÓN E DOS SOCIOS
A responsabilidade da Asociación, a tódolos efectos quedará limitada ó importe que en cada momento constituía o patrimonio da Asociación.
A responsabilidade dos socios, polas operacións sociais da Entidade, limitarase ó valor das garantías que comprometeran especificamente ou ás que estivesen obrigados conforme a estes Estatutos e os acordos validamente adoptados.
Para a disposición de fondos das contas que a asociación ten na entidade bancaria será necesaria a sinatura conxunta de dous dos membros da Xunta Directiva autorizados para elo (Presidente, Tesoureiro e Secretario).
CAPÍTULO VII. MODIFICACIÓN DOS ESTATUTOS
Art. 34. PROCEDEMENTO DE MODIFICACIÓN
A proposta de modificación dos Estatutos deberá ser acordada pola Asemblea Xeral con maioría de 2/3 dos asistentes con dereito a voto e cumprindo os seguintes requisitos:
Que a Xunta Directiva, e no seu caso, un número de socios non inferior ó 10%, o soliciten.
Que se expresen na convocatoria, coa debida claridade, os extremos que se pretendan modificar.
CAPÍTULO VIII. DA DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN
Art. 35. CAUSAS DA DISOLUCIÓN
A Asociación unicamente poderá ser disoluta en Asemblea Xeral Extraordinaria convocada ó efecto por acordo dos 2/3 dos socios presentes con dereito a voto.
Art. 36. PROCEDEMENTO DA DISOLUCIÓN
Acordada a disolución da Asociación, a Asemblea Xeral de socios determinará a forma de liquidación e designará a tal efecto 3 liquidadores. Na liquidación observaranse as normas legais establecidas.
Art. 37. DESTINO DO HABER RESULTANTE DA LIQUIDACIÓN
O haber resultante, se o houbera, doarase a unha entidade local con fins similares ós da Asociación, en ningún caso poderán ser distribuídos entre os asociados os recursos obtidos pola asociación.
Art. 38. ARBITRAXE
Tódalas cuestións que se susciten entre os membros socios e entre estes e a Asociación, serán dirimidos entre os seus membros. No caso de non chegar a acordos, os conflitos serán sometidos a unha arbitraxe de equidade, a dirimir por un árbitro nomeado de común acordo polos socios ou representantes que estes designen, arbitraxe que se rexerá polo previsto na lexislación específica de arbitraxe vixente, renunciando as partes a calquera reclamación xudicial que puidera corresponderlles.