La Asociación » ACTA FUNDACIONAL
» ESTATUTOS
ACTA FUNDACIONAL
Reunidos en Pontevedra, na sala de reunións do edificio “CASA DA CULTURA” do Concello de Pontevedra situado na Rúa Alemania de Monte Porreiro, o día 18 de febreiro de 2005, ás 20:00 horas, as persoas que a continuación se relacionan:
ACORDAN todos eles maiores de idade, con plenas capacidades para obrar e de forma voluntaria,
1º Constituír unha asociación, ó amparo da vixente Lei Orgánica 1/2002 de 22 de marzo reguladora do dereito de asociación, que se denominará “Asociación de Palilleiras “A FEITIÑA” de Pontevedra.
2º A aprobación inicial dos Estatutos da Asociación polos que se vai rexer a entidade, que foron lidos, neste mesmo acto e aprobados pola unanimidade dos reunidos.
3º Nomear unha Xunta Directiva Provisional, en tanto non se proceda a convocatoria da primeira Xunta Directiva da Asociación segundo se establece nos Estatutos da mesma, que estará formada por:
4º Facultar á Xunta Directiva Provisional, e en especial a Esperanza Marín Magdalena, en calidade de Presidenta da mesma, para que proceda á inscrición da Asociación nos rexistros correspondentes, quedando autorizado para corrixir ou emendar calquera erro que se detectara na redacción dos Estatutos.
E sen máis asuntos dos que tratar, levantase a sesión sendo ás 21:00 horas do día da data sinalada, procedendo os membros da Xunta Directiva Provisional a asinar esta Acta e os Estatutos, en sinal de conformidade.
O PRESIDENTE. O SECRETARIO. O TESOUREIRO.