XIV ENCONTRO DE PALILLEIRAS
CONCELLO DE PONTEVEDRA
DATAS:
17,18 e 19 de maio de 2019
LUGAR:
Recinto Ferial – Pazo da cultura
Horario da exposición:
a o público, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00
Un ano máis queremos reunir, nun novo Encontro no Recinto Feiral da nosa cidade, a todas aquelas persoas amigas do mundo do encaixe que queiran asistir á nosa convocatoria. E xa van 14 da nosa Asociación, os dias 17, 18 e 19 de maio, poderedes admirar a maxia das nosas mans na exposición dos traballos neste XIV Encontro de Palilleiras, na nosa particular homenaxe á artesanía tradicional de Galicia e doutros países nas súas diferentes técnicas e estilos.
Este ano co noso particular Homenaxe o Pintor Luís Seoane, entre outros do libro “Figurando Recuerdos”
A exposición estará aberta o publico os dias 17, 18 e 19 de maio, e o Encontro de Palilleiras será o domingo 19.
DOMINGO 19 MAIO
10.00 h. Chegada ao Edificio do Pazo da Cultura,
(Presentación dos ingresos para cambialos por tíckets para a comida).
11:00 h Refrixerio.
12.00 h Presentación das Autoridades.
14.00 h Saída do recinto para xantar (durante o mesmo farase un sorteo de agasallos).
16.00 h Reparto de agasallos e diplomas ás Profesoras e Asociacións ou Grupos.
17.00 h Sorteo dos regalos, doados polos postos de venta e da Asociación A Fieitiña.
VENRES E SÁBADO
- CURSO DE ENCAIXE MODERNO (República Checa) – “Ana Montesinos”:
- CURSO DE GUIPUR POLICROMADO – “Arzhela le Maitre”
- CURSO DO LAPIS AO PICADO (Encaixe artístico) – “Ana Rosa Lista Sebe”
- CURSO DE IDRIJA (Encaixe de Eslovenia) – “Esperanza Marín”
Os cursos terán unha duración de 8 horas (4 pola mañá e 4 de tarde), o custo diario por curso é de 50.00 € e terán lugar no Recinto Ferial.
A inscrición dos cursos será a través do formulario de reserva e o pago deberá realizarse únicamente cando a organización lle confirme a inscripción definitiva.
VENRES 17, SÁBADO 18 E DOMINGO 19 MAIO
A solicitude de praza para poder ter un posto realizarase a través do teléfono 629294368