XV ENCONTRO DE PALILLEIRAS
CONCELLO DE PONTEVEDRA

 

DATA:
26 de abril de 2020

LUGAR:
Recinto Ferial – Pazo da cultura

Horario da exposición:
a o público, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00

Un ano máis queremos reunir, nun novo Encontro no Recinto Feiral da nosa cidade, a todas aquelas persoas amigas do mundo do encaixe que queiran asistir á nosa convocatoria. Este ano, e xa van 15 da nosa Asociación, o día 26 de abril, poderedes admirar “Os Nosos Encaixes” e a maxia das nosas mans na exposición dos traballos neste XV Encontro de Palilleiras, na nosa particular homenaxe á artesanía tradicional de Galicia e doutros países nas súas diferentes técnicas e estilos.

Xa sabedes, porque a maioría de vós organizades tamén “Encontros”, a problemática que leva a montaxe deste evento polo que é de agradecer a vosa colaboración. Para confirmar a vosa presenza, pregámosvos que fagades a vosa inscrición a través dun formulario que estará dispoñible nesta páxina web e no mesmo facilitedes os datos da profesora ou da Asociación, así como o número de participantes con total claridade; tanto para poder repartir as mesas con rapidez, xa que non se pode contar con máis cadeiras que as que temos programadas; como para non cometer erros na redacción dos diplomas de participación.

O prazo para a inscrición, rematará o 21 de abril, ou cando se complete o aforo do recinto, priorizando a orde de rexistro.
Se necesitades máis información, non dubidedes en poñervos en contacto connosco no email palilleiras@afietina.es

A mañá será amenizada polo Grupo Dúos Pontes

DOMINGO 26 ABRIL

10.00 h. Chegada ao Edificio do Pazo da Cultura,
(Presentación dos ingresos para cambialos por tíckets para a comida).

11:00 h Refrixerio.

12.00 h Presentación das Autoridades.

14.00 h Saída do recinto para xantar (durante o mesmo farase un sorteo de agasallos).

16.00 h Reparto de agasallos e diplomas ás Profesoras e Asociacións ou Grupos.

17.00 h Sorteo dos regalos, doados polos postos de venta e da Asociación A Fieitiña.

XANTAR DE CONFRATERNIDADE NO SALON DA CAFETERÍA DO PAZO

MENU

  • Entrantes: Empanada galega, Croquetas, Rombitos de tortilla española, lacón a feira (pemento e oliva virxe), espetada de manchego, cherry e anchoa
  • Fideos con ameixas
  • Viños branco e tinto, Augas, refrescos
  • Café

PREVIO INGRESO DE 15.00 NA CONTA DE “A BANCA” A NOME DA ASOCIACIÓN A FIEITIÑA: ES69 2080 0530 7130 4001 2191
O PRAZO DE INGRESO FINALIZA O DÍA 21 DE ABRIL.

O XUSTIFICANTE DO INGRESO DEBERÁ PRESENTARSE NA MESA DE RECEPCIÓN PARA CAMBIALO POR VÁLES INDIVIDUAIS QUE SERVIRÁN  PARA PODER ENTRAR NO RESTAURANTE, E PARA PARTICIPAR NO SORTEO DOS AGASALLOS QUE O ANO PASADO NON FORON RECLAMADOS.

Á  HORA FACER O INGRESO, É INDISPENSABLE POÑER BEN CLARO:

O NOME OU GRUPO E O NUMERO DE COMENSAIS, PARA QUE LOGO NÓS, ORGANICEMOS AS MESAS E PODAMOS POÑELAS XUNTAS.

DOMINGO 26 ABRIL

A solicitude de praza para poder ter un posto realizarase a través do teléfono 629294368